Guías e Libretos

Dragóns de Compostela

DRAGÓNS DE COMPOSTELA mostra a permanencia desta figura mítica na evolución artística da cidade. Os dragóns teñen gran presencia no románico, mantéñense na etapa gótica, proliferan nas obras renacentistas e continúan aparecendo na ornamentación barroca, modernista e contemporánea.

Praterías

No caderno de PRATERÍAS tentei indagar na carga simbólica das súas imaxes, e na procedencia das distintas pezas do collage que hoxe mostra esta fachada. As súas esculturas configuran un compendio da evolución artística de Compostela. A riqueza expresiva das súas imaxes suxiren relatos interrumpidos, simbolismos desvirtuados e misteriosos signos encriptados.

Gárgolas de Compostela

GÁRGOLAS DE COMPOSTELA comeza rodeando o convento de San Martiño e continúa o percorrido ollando as gárgolas máis destacadas dos edificios da cidade.

Elas en Compostela

ELAS EN COMPOSTELA indaga sobre a evolución da figura da muller nas fachadas dos monumentos de Santiago. A gran presencia feminina da iconografía medieval vai desaparecendo das rúas no barroco, e moitas carismáticas imaxes, retíranse ás igrexas e museos da cidade. Mais aínda hoxe podemos ver fantásticas esculturas de mulleres que continúan a falar dos…

Buscando Dragóns por Compostela

BUSCANDO DRAGÓNS POR COMPOSTELA preséntase coma xogo de pistas para localizar as imaxes que se presentan no libreto.

Sereas de Compostela

A figura da serea é outro motivo recurrente no bestiario fantástico de Santiago Neste libriño facemos un paseo por diferentes espacios da cidade onde aparece este ser imaxinario.

Antonio Fraguas e Mamá Antonia

ANTÓN FRAGUAS E MAMÁ ANTONIA é un conto que quere estimular o interese dos cativos polo material etnográfico que se expón no Museo do Povo Galego de Bonaval.

Gárgolas e Alquerques

GÁRGOLAS E ALQUERQUES aproveita os taboeiros pétreos de S. Martiño Pinario para fabular un campeonato de tres en raia antre as gárgolas que coroan a fachada.

Parece que non atopamos o que estás a buscar. Quizais unha procura axude.